O programa de recuperación da aguia real está dando moi bos resultados
As aguias reais son unha especie en perigo de extinción en Galicia. Foron habituais no noso ceo, pero en cuestión de décadas practicamente desapareceron.
Por iso dende o ano 2001 a Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha un programa de recuperación coa solta de exemplares, sobre todo na serra do Xurés e nas montañas do oriente ourensán. Hoxe en día xa se lograron resultados, hai niños e na primavera do ano pasado xa naceron os dous primeiros polos. Isto supón unha esperanza para a recuperación desta especie que deixara estas terras hai uns 60 anos.
Fuente: CRTVG